Saltar navegación

2.2 Porcentaxes

O cálculo de porcentaxes, aumentos e diminucións está ben relacionado coas facturas domésticas. Sabemos que unha porcentaxe é un xeito de expresar un numero cunha fracción de 100: por cento significa cada cen.

% é un xeito de pór os dous ceros, e evolucionou a partir dun símbolo similar, só que coa liña horizontal en lugar de diagonal, que á súa vez provén dun símbolo que representaba P cento.

O uso das porcentaxes podémolo atopar en comisións, descontos, aumentos, impostos e xuros, pero é frecuente errar no seu cálculo, debido ás veces a un mal entendemento do seu uso. Falar dunha subida ou baixada dun 10 % só é comprensible se temos con que comparala. Un erro común no uso das porcentaxes é imaxinar que unha subida do 50 % se cancela cunha baixada da mesma porcentaxe.

Exemplo. Se partimos dunha cantidade fixa como, 100, e lle incrementamos o 50 % e logo dimitiumos o 50 %, como quedaría ao final?

Resultado. Se temos 100 e calculamos o 50 %, teremos 150, pero unha baixada do 50 % de 150 son 75, polo que teremos 75. Así que partimos de 100 e temos agora 75.

Unha porcentaxe é una fracción ou un numero decimal, e tamén un numero decimal ou fracción representa unha porcentaxe.

  • A expresión decimal dunha fracción resulta ser o tanto por un:

( tanto por un)

  • Se este número se multiplica por 100, teremos o tanto por cen:

0,3 x 100 = 30%

 

 

Actividade resolta

Calcule o incremento que supón pagar o IVE (16 %) dun produto que custa 140 euros e logo facerlle un desconto do 16 %. E se o facemos ao revés?

Solución

  • Se a 140 lle calculamos o 16 % resulta 16·140/100 =22,40 EUR 140 +22,40 = 162,40 EUR

16·162,40/100 = 25,98 EUR

162,40 – 25,98 = 136,4 EUR

  • Facendo primeiro o desconto e logo engadindo o IVE, sería:

16 · 140/100 = 22,4 EUR 140 – 22,4 = 117,6 EUR

16·117,6/100 =18,81 EUR 117,6 + 18,81 = 136,4 euros

En definitiva , o mesmo resultado

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0