Saltar navegación

2.2.3 Outros usos das porcentaxes

  • Relacionar unha parte co todo: o 58 % dos aspirantes a entrar na universidade son mulleres. Necesitamos saber o total, para ter unha idea clara do número de aspirantes.

  • Determinar runa proporción entre dúas cantidades: a proporción entre lévedos e fariña no biscoito é do 3%. Está relacionando 100g de fariña con 3 g de lévedos.

  • Describir unha poboación: o 16 % da poboación de Euskadi ten estudios superiores. Se non temos o total, non podemos saber o número de estudantes.

  • Determinar a variación relativa dunha cantidade: o nivel da auga dos encoros galegos subiu o 8 % no ano 2008.

  • Os xuro simple: o 4 % de xuros por un depósito significa que gañaremos 4 de cada 100 euros investidos.

Observe as facturas de auga e luz seguintes:

 Factura da auga

Factura da auga

Factura da luz 

Factura da luz

 

Actividade resolta

O gráfico da factura da luz é un diagrama estudado en estatística, comprobe no seu recibo de que gráfico se trata.

Solución

Seguramente será un diagrama de barras, no que aparecen os meses no eixe de abscisas e o valor consumido no eixe de ordenadas.

 

Actividades propostas

S9.            Realice o cálculo do IVE, da factura da auga anterior.

S10.        Calcule o IVE sobre o consumido na factura da luz.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0