Saltar navegación

2.2.2 Aumentos e diminucións porcentuais

Aumento porcentual

Teremos un aumento cando a unha certa cantidade lle engadimos unha porcentaxe dela mesma; este e o caso do IVE (imposto sobre o valor engadido).

Se o prezo dunha maleta é de 60 euros sen IVE, e queremos saber o prezo final, teremos que engadirlle o 16 % de IVE.

Maleta: 60 EUR.

16% de 60 =  EUR

Daquela, o prezo final da maleta será 60 + 9, 6 = 69,6 EUR

Diminución porcentual

Teremos unha diminución cando a unha certa cantidade se lle resta unha porcentaxe dela.

O día do libro, sempre nos fan un desconto do 5 % sobre o valor do libro. Se o libro que quero mercar custa 45 euros, canto teño que pagar por el ese día?

Libro: 45 EUR

5 % de 45 =   EUR

Xa que logo, o libro finalmente custará 45 – 2,25 = 42,75 EUR

Cálculos directos

Podemos realizar estes cálculos directamente, tendo en conta o seguinte:

  • En aumentos porcentuais podemos realizar só unha operación, se multiplicamos o número polo índice de variación (1 + a porcentaxe de aumento en forma decimal).
  • En diminucións porcentuais podemos realizar só unha operación, se multiplicamos o número polo índice de variación(1 – a porcentaxe diminuída en forma decimal).

60 x 16 % + 60 = 69,6

45 - 45 x 5 % = 42,75

60 x 1,16 = 69,6

45 x 0,95 = 42,75

 

Uso da calculadora

  • 12 % de 1 500

1 500 x 12 % =

  • 30 respecto de 3 000

30: 3000 % =

  • 15 % de aumento de 1 500

1 500 x 15 % + =

  • 25 % de desconto de 1 500

1 500 x 25 % - =

 

 

Actividade resolta

Se realizamos un desconto do 12 % sobre 62 euros, canto pagamos?

Solución

1 – 0,12 = 0,88. Xa que logo, 62 · 0,88 = 54,56 euros que pagamos

Actividades propostas

S7.            Os espectadores que acoden ao cine aumentaron este ano nun 8 %. Se había 1 200, cantos hai na actualidade?

S8.            A diminución no consumo de leite supón unha mingua do 15 %. Se o consumo era de 25 000 litros, canto se consome na actualidade?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0