1.3 Obxectivos didácticos
-
Coñecer as comprobacións e os trámites necesarios para a adquisición dunha vivenda.
-
Procurar xeitos de financiamento e posibles axudas para a adquisición de vivenda.
-
Calcular o xuro simple e composto en créditos e préstamos hipotecarios.
-
Comparar tipos de xuro e as respectivas taxas anuais equivalentes.
-
Utilizar o cálculo de porcentaxes e taxas en gastos e facturas domésticas.
-
Efectuar cálculos e representar números racionais e irracionais na recta real.
-
Caracterizar a función exponencial e a súa gráfica.
-
Representar graficamente sinxelas funcións exponenciais aplicadas a casos concretos.
-
Adoptar e valorar as medidas de aforro enerxético e hídrico no fogar.
-
Valorar a necesidade e a importancia da reciclaxe dos residuos sólidos e a depuración de augas residuais en vivendas illadas e núcleos de poboación.
-
Valorar a importancia da educación científica da cidadanía para o progreso da sociedade e o futuro sustentable da humanidade
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0