O medio natural: ecosistemas. Funcións e estatística.
6.3 Solucións dos exercicios da autoavaliación
1. Un ecosistema:
- É un conxunto de organismos, o lugar en que viven e as condicións fisicoquímicas con que interactúan.
2. A biocenose é:
- O conxunto de organismos vivos dun ecosistema e as relacións entre eles.
3. Sinale, de entre as seguintes, as frases que considere correctas:
- Todos os individuos da mesma especie que ocupan un ecosistema reciben o nome de poboación.
- O conxunto de biótopos diferentes que pode ocupar unha especie constitúe o seu hábitat.
- Especie é o conxunto de seres vivos que poden reproducirse entre eles e teren descendencia fértil. Teñen antecesores comúns e, xeralmente, aseméllanse moito morfoloxicamente.
4. Unha familia:
- É unha relación intraespecífica.
- Pode estar formada só polos fillos.
5. Sinale as afirmacións certas:
- Nunha relación colonial os organismos están tan intimamente unidos que entre eles hai unha verdadeira continuidade física.
- A simbiose é unha relación obrigada.
6. Sinale as frases correctas:
- A enerxía procedente do Sol é captada polos organismos produtores, que son capaces de transformar a materia inorgánica en materia orgánica.
- Os consumidores primarios son os herbívoros.
7. De entre os organismos que se indican deseguido sinale os produtores:
- Fitoplancto.
- Caravel.
8. Sinale as cadeas tróficas ben construídas.
- Landra → coello → aguia.
- Herba → coello → raposo → aguia.
9. Sinale as cadeas que poden formar parte da mesma rede trófica.
- Landra → coello → aguia.
- Herba → coello → raposo → aguia.
- Herba → vaca → lobo.
10. A materia orgánica:
- Ten un nivel de organización superior ao da materia inorgánica.
- Ten enlaces que permiten almacenar grandes cantidades de enerxía.
- Fórmase a partir da materia inorgánica.
11. Complete as frases seguintes:
- Por medio da fotosíntese os organismos autótrofos transforman a materiainorgánica presente no medio en materia orgánica.
- Os consumidores primarios obteñen a materia orgánica directamente dos autótrofos.
- Os consumidores secundarios obteñen a materia orgánica dos herbívoros.
- As bacterias e os fungos transforman a materia orgánica en materia inorgánica.
12. Cales das seguintes afirmacións son verdade?
- Nun pictograma empréganse debuxos e figuras.
- Empréganse gráficos de liñas cando se quere dar idea de continuidade.
13. Unha función afín:
- Non pasa pola orixe de coordenadas.
- Ten a forma y = mx + b.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0