2.2.4 Formas de representación
Para establecermos a dependencia ou relación entre dous valores pódense usar táboas de valoresou gráficas. A vantaxe das gráficas é seren máis atractivas para a súa análise e, xa que logo, máis apropiadas para un estudo directo e rápido da situación que se quere describir.
O xeito de representar unha determinada situación é fundamental para poder comprendela. Así, se vemos un gráfico pintado de varias cores, será moi sinxelo distinguir a proporción de datos diferentes.
Imos ver as principais formas de representar unha situación dada.
Diagrama de barras
Para o construír, cómpre debuxarmos dúas liñas perpendiculares que se crucen nun punto, isto é un sistema de coordenadas. O máis usual é que se crucen na parte inferior esquerda do gráfico, pero non sempre é así; ás veces as barras van cara a abaixo ou cara aos lados.
Na liña horizontal sitúase a variable que queremos estudar, no caso que se proporá nas actividades, os destinos preferidos (os nomes das cidades) e na liña vertical os datos que corresponden a cada destino, isto é, o número de viaxeiros con destino a cada cidade.
Despois hai que decidir o groso de cada barra, que é o mesmo en todas, e debúxanse barras de lonxitude proporcional ao número de viaxeiros, que apoian a súa base no lugar do eixo horizontal onde se sitúa cada cidade destino.
Para o completar, escríbese un título e un texto para cada eixo e coloréanse as barras.
Diagrama de sectores
Para construír un diagrama de sectores hai que empezar por debuxar un círculo. Despois hai que dividir a superficie do círculo en sectores proporcionais ao valor da variable que se queira representar. Para iso hai que sumar o valor de todas as variables, e coñecer así o valor que corresponde ao total do círculo, e a partir deste valor, calcular a parte do círculo que corresponde a cada variable. Cada sector calcúlase tendo en conta que o círculo completo ten 360º, que corresponden á suma de todas as variables.
suma das variables → 360º
valor dunha variable → xº
Cun transportador asignámoslle a cada sector os graos que lle corresponden, dividimos totalmente o círculo, coloreamos cada sector, asignámoslle a cada sector un nome e un valor, e escribimos o título do gráfico.
Gráfico de liñas
Na construción dun gráfico de liñas pártese tamén, como no diagrama de barras, de dous eixes, un horizontal e outro vertical. No horizontal sitúase a variable medida e no vertical o valor que esta alcanza en cada medida. Para rematar, os puntos así obtidos únense cunha liña continua, que pode ser curva ou de trazos rectos.
Actividades propostas
S18. Analice a situación descrita na táboa de valores seguinte, na que se relacionan tempos e espazos percorridos por unha persoa nun paseo no que o camiño non é uniforme (hai costas e planos):
-

-
Cal é variable independente? E a variable dependente?
-
Pódese prever con estes datos canto levará camiñado transcorridos outros 15 minutos?
-
S19. Unha axencia de viaxes fai un estudo sobre os destinos preferidos pola súa clientela. Os datos que manexan son os aparecen na táboa de valores:
-

-
Represente os datos nun diagrama de barras
-
S20. Represente, cun diagrama de sectores, as preferencias culturais dos alumnos da clase de 2º de ESO que figuran na táboa de valores.
S21. Represente, cun diagrama de liñas, o perfil do río Miño, no eixe horizontal sitúe a lonxitude e no vertical a altitude á que se atopa cada punto.
-
Lonxitude (m)
0
20
40
60
80
100
120
140
160
180
200
220
240
260
280
300
320
Altitude (km)
700
420
400
380
370
340
270
200
120
80
60
40
35
30
20
10
0
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

