Saltar navegación

2.1.4 Identificación de cadeas e redes tróficas nos ecosistemas

Cadea trófica

É unha sucesión de seres vivos en que cada un constitúe o alimento do que o segue. Nunha cadea trófica, o primeiro elemento sempre é un produtor e o derradeiro un consumidor. O número de elos da cadea pode variar dependendo dos consumidores que participen nela. As cadeas tróficasindican o percorrido da materia e a enerxía dentro do ecosistema.

 cadea de tres elementos

Exemplo de cadea de tres elementos

 cadea de catro elementos

Exemplo de cadea de catro elementos

Rede trófica

É o conxunto de cadeas tróficas que teñen algún organismo común. As redes tróficas describen a realidade moito mellor que as cadeas tróficas, pero son tamén máis complexas.

Rede trófica 

 

 

Actividades propostas

S7. A que nivel trófico corresponde cada un dos seres vivos das dúas cadeas tróficas anteriores?

S8. Extraia, da rede trófica anterior cinco cadeas tróficas (como no exemplo).

S9. Identifique os consumidores terciarios da rede trófica referida anteriormente.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0