Saltar navegación

4.1 Actividades de ciencias da natureza

 

S22. Relacione os termos da primeira columna coas definicións da segunda:

  • Biocenose

 

 

  • Ciencia que estuda as relacións dos seres vivos entre eles e cos factores do seu medio

  • Biótopo

 

  • Espazo ocupado pola biocenose, xunto coas condicións fisicoquímicas que lle son propias

  • Ecosistema

 

  • Conxunto de organismos, lugar en que viven e condicións fisicoquímicas con que interactúan

  • Ecoloxía

 

  • Organismos vivos dun ecosistema e relacións que se establecen entre eles.

Habilitar JavaScript

 

S23. Defina os termos seguintes: especie, hábitat e poboación.

 

S24. Complete o cadro seguinte escribindo +, - ou 0, segundo nas seguintes relacións interespecíficas os organismos resulten beneficiados, prexudicados ou non se vexan afectados pola relación.

Tipo de relación

+ / - / 0

  • Competencia

/

  • Depredación

/

  • Parasitismo

/

  • Simbiose

/

  • Mutualismo

/

  • Comensalismo

/

  • Inquilinismo

/

Habilitar JavaScript

 

S25. Escriba o nivel trófico (consumidor primario secundario ou terciario) en que actúa cada consumidor que se indica, na situación que se describe:

Consumidor

Situación

Nivel trófico

  • Ourizo.

  • Cando se alimenta dun caracol.

  • Saltón.

  • Cando come unha folla dunha planta.

  • Moucho.

  • Cando se alimenta dun rato.

  • Coello.

  • Cando come herba.

  • Víbora.

  • Cando come unha ra.

  • Caracol.

  • Cando se alimenta de vexetais.

  • Zooplancto.

  • Cando se alimenta de fitoplancto.

Habilitar JavaScript

 

S26. Que representa o seguinte debuxo?. Os cazadores da zona pensan que eliminando os raposos podería aumentar a caza do coello. Á vista da seguinte representación pode traer outras consecuencias?

 

 

 

S27. Ordene os cadros seguintes coa secuencia dos acontecementos, colocando enriba de cada cadro o seu número correspondente:

Diminución da poboación de fitoplancto

Diminución da poboación de baleas e pingüíns

Quecemento da zona

Diminución da poboación de zooplancto

Habilitar JavaScript

 

S28. Como poden afectar os gases CFC dos sprays, que danan a capa de ozono, sobre a industria pesqueira?

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0