4.2 Actividades de matemáticas
S29. Represente, cun diagrama de barras, as precipitacións mensuais de Santiago que figuran na táboa de valores.
S30. Represente, cun diagrama de sectores, a distribución de auga doce e auga salgada sobre a Terra, sabendo que o 97,2 % é salgada.
S31. Represente, cun diagrama de liñas, as variacións de caudal do Miño por medio do seu coeficiente de caudal. O caudal normal correspóndese co coeficiente 1.
S32. Escriba a expresión alxébrica que asocia a cada número o seu cuádruplo menos 5. Represente graficamente a función.
S33. Sabendo que o espazo percorrido e o tempo son magnitudes directamente proporcionais e que un barco percorre en 1 h unha distancia de 15 km:
- Escriba a función asociada a esta proporcionalidade.
- Constrúa unha táboa de valores.
- Represente graficamente a función.
- Indique a pendente da recta.
S34. Imaxine que vai a un banco a cambiar euros por dólares. O cambio está nestes momentos a 1,45 dólares por cada euro, pero o banco cobra sempre, non importa a cantidade que cambie, 2,25 dólares de comisión. Calcule cantos dólares lle terá que dar o banco por 500 euros.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0

