Saltar navegación

5 Exercicios de autoavaliación

 

Pregunta

1. Un ecosistema:

Respostas

É un conxunto de organismos, o lugar en que viven e as condicións fisicoquímicas con que interactúan.

É un espazo cheo de auga.

Non é un sistema pechado.

Está formado só por unha biocenose.

Retroalimentación

Pregunta

2. A biocenose é:

Respostas

O espazo ocupado pola comunidade.

O conxunto de organismos vivos dun ecosistema e as relacións entre eles.

A ciencia que estuda os ecosistemas.

O conxunto de organismos, o lugar en que viven e as condicións fisicoquímicas con que interactúan.

Retroalimentación

 

Pregunta

3. Sinale, de entre as seguintes, as frases que considere correctas:

Respostas

A biocenose está formada por organismos da mesma especie.

Todos os individuos da mesma especie que ocupan un ecosistema reciben o nome de poboación.

O conxunto de biótopos diferentes que pode ocupar unha especie constitúe o seu hábitat.

Especie é o conxunto de seres vivos que poden reproducirse entre eles e teren descendencia fértil. Teñen antecesores comúns e, xeralmente, aseméllanse moito morfoloxicamente.

Retroalimentación

Pregunta

4. Unha familia:

Respostas

É unha relación interespecífica.

É unha relación intraespecífica.

Sempre está formada por un pai, unha nai e os fillos.

Pode estar formada só polos fillos.

Retroalimentación

Pregunta

5. Sinale as afirmacións certas:

Respostas

Nunha relación colonial os organismos están tan intimamente unidos que entre eles hai unha verdadeira continuidade física.

Nunha relación de depredación hai un organismo que sae beneficiado, a presa, e outro que sae prexudicado, o depredador.

A simbiose é unha relación obrigada.

No comensalismo, un organismo vive comendo o outro.

Retroalimentación

Pregunta

6. Sinale as frases correctas:

Respostas

A enerxía procedente do Sol é captada polos organismos produtores, que son capaces de transformar a materia inorgánica en materia orgánica.

Os consumidores primarios aliméntanse dos consumidores secundarios.

Os consumidores primarios son os herbívoros.

Os carnívoros son os consumidores primarios.

Retroalimentación

Pregunta

7. De entre os organismos que se indican deseguido sinale os produtores:

Respostas

Fitoplancto.

Coello.

Caravel.

Caracol.

Retroalimentación

Pregunta

8. Sinale as cadeas tróficas ben construídas.

Respostas

Landra → coello → aguia.

Landra → can → coello.

Herba → coello → raposo → aguia.

Herba → gato → aguia.

Retroalimentación

Pregunta

9. Sinale as cadeas que poden formar parte da mesma rede trófica.

Respostas

Landra → coello → aguia.

Herba → coello → raposo → aguia.

Herba → vaca → lobo.

Fitoplancto → zooplancto → peixe.

Retroalimentación

Pregunta

10. A materia orgánica:

Respostas

Ten un nivel de organización superior ao da materia inorgánica.

Ten enlaces que permiten almacenar grandes cantidades de enerxía.

Fórmase a partir da materia inorgánica.

Permanece inalterable co paso do tempo.

Retroalimentación

 

11. Complete as frases seguintes:

  • Por medio da os organismos autótrofos transforman a presente no medio en .
  • Os obteñen a materia orgánica directamente dos autótrofos.
  • Os obteñen a materia orgánica dos herbívoros.
  • As e os transforman a materia orgánica en .

Habilitar JavaScript

 

Pregunta

12. Cales das seguintes afirmacións son certas?

Respostas

Nun diagrama de barras os datos represéntanse en sectores de círculo.

Nun diagrama de sectores cada barra ten unha lonxitude proporcional aos datos que se queira comparar.

Nun pictograma empréganse debuxos e figuras.

Empréganse gráficos de liñas cando se quere dar idea de continuidade.

Retroalimentación

Pregunta

13. Unha función afín:

Respostas

Non pasa pola orixe de coordenadas.

Ten a forma y = mx + b.

Pasa pola orixe de coordenadas.

Ten a forma y = mx.

Retroalimentación

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0