6.1.1 Ciencias da natureza
S1.
Un ecosistema é un conxunto de organismos que viven interrelacionados nun lugar determinado. O conxunto de seres vivos dun ecosistema recibe o nome de biocenose, e o lugar onde viven, coas súas condicións fisicoquímicas, coñécese como biotopo,
S2.
-
-
Colmea de abellas
Estatal ou social. Formada por Individuos de morfoloxía e fisioloxía diferentes que non poden vivir fóra do grupo.
-
Bandada de gansos
Gregaria. Agrupacións moi numerosas de individuos que buscan fins diferentes, neste caso xúntanse para emigrar.
-
Nai e fillos de oso polar
Familiar matriarcal. Os individuos permanecen unidos por lazos de parentesco coa nai encargada do coidado das crías.
-
Coral
Colonial. Formada por organismos unidos tan intimamente que teñen unha verdadeira continuidade física.
-
S3.
-
-
Peixe rémora e quenlla
Comensalismo. Un organismo (peixe rémora) aliméntase dos restos de comida do outro (a quenlla).
-
Camaleón e insecto
Depredación. Un organismo chamado depredador ou predador (o camaleón) persegue e captura outro denominado presa (o insecto).
-
Paxaro e árbore.
Inquilinismo. Un individuo chamado inquilino (o paxaro) vive sobre outro de distinta especie (a árbore) sen causarlle ningún prexuízo.
-
Paxaros e búfalo
Mutualismo. Dous organismos relaciónanse e obteñen os dous beneficio, pero poden tamén vivir por separado. Neste caso o paxaro atopa no búfalo alimento e protección e o búfalo é desparasitado
-
Lique (unión íntima de alga e fungo)
Simbiose. Dous organismos, neste caso unha alga e un fungo, asócianse para obteren beneficio mutuo. A alga fai a fotosíntese, produce así materia orgánica da que se nutre o fungo. O fungo proporciónalle á alga protección e humidade. A unión é tan íntima que non poden vivir por separado
-
Carracha e mamífero
Parasitismo. É a relación que se establece entre un organismo que sae beneficiado, chamado parasito (neste caso a carracha), e outro sae prexudicado, chamado hóspede (neste caso o mamífero).
-
Distintas especies de árbores que viven próximas
Competencia. Organismos parecidos, pero de especies diferentes, que coinciden nas mesmas áreas xeográficas e que compiten por algún recurso, neste caso a auga, luz, ...
-
S4.
|
Consumidor |
|
|
Descompoñedor |
|
|
Consumidor |
|
Produtor |
|
Consumidor |
|
Consumidor |
||
|
Consumidor |
|
Consumidor |
|
Consumidor |
||
|
Produtor |
|
Consumidor |
|
Consumidor |
S5.
Os organismos produtores son quen de “producir” a súa propia materia orgánica a partir da materia inorgánica e unha fonte de enerxía (son autótrofos). Os organismos consumidores obteñen a materia alimentándose da materia orgánica producida por outros seres vivos (son heterótrofos)
S6.
Os descompoñedores pechan o ciclo da materia: transforman a materia orgánica en inorgánica que é devolta ao medio para poder ser asimilada de novo polos produtores.
S7.
- Primeira cadea: landra (produtor), coello (consumidor primario) e aguia ( consumidor secundario).
- Segunda cadea: landra (produtor), coello (consumidor primario), raposo (consumidor secundario) e aguia (consumidor terciario).
S8.
|
Landra → rato → corvo |
|
Landra → corvo |
|
Herba → saltón → ourizo |
|
Herba → lebre → serpe |
|
Herba → caracol → pega marza → aguia |
S9.
Aguia e serpe.
S10.
- Porque a enerxía fai un recorrido lineal, que ten sempre a mesma dirección: Sol → produtores → consumidores → perda en forma de calor.
- Que ao non haber entrada de enerxía, os produtores non poderían realizar a fotosíntese desaparecerían e, tras eles, desaparecerían os consumidores e os descompoñedores.
- Os consumidores e descompoñedores precisan materia orgánica para obteren a enerxía necesaria para a realización das súas funcións vitais. Só os produtores son quen de empregar a luz solar para transformar a materia inorgánica en orgánica. A desaparición destes últimos implica a desaparición dos primeiros e, polo tanto, de todos os organismos vivos do ecosistema.
- Un ecosistema podería existir, na teoría, sen a presenza de consumidores. Os produtores poderían seguir captando enerxía para o ecosistema e os descompoñedores poderían empregala.
S11.
O grao de organización da materia orgánica é superior ao da materia inorgánica. Esta organización establécese por medio de enlaces químicos. Algúns destes enlaces son quen de almacenar enerxía que se libera cando rompen.
S12.
- Porque a materia non sae do ecosistema; prodúcese unha continua reciclaxe desta, que pasa de ser inorgánica a orgánica, e de novo a inorgánica de forma constante.
- Un organismo autótrofo é quen de nutrirse de materia inorgánica, que transforma en orgánica, empregando como fonte de enerxía a luz solar que capta por medio de pigmentos como a clorofila. Os organismos heterótrofos teñen que obter enerxía a partir da materia orgánica.
- A desaparición dos descompoñedores impediría a transformación da materia orgánica en inorgánica. A materia orgánica acumularíase e non volvería en forma de nutrientes ao medio para ser empregada polos produtores.
- A desaparición dos produtores bloquearía a transformación de materia inorgánica en orgánica e provocaría a desaparición de todos os seres vivos
S13.
-
F
-
A materia procede do exterior do ecosistema. A materia ten un fluxo cíclico no ecosistema.
F
-
Os descompoñedores transforman a materia inorgánica en materia orgánica. Os descompoñedores transforman a materia orgánica en materia inorgánica.
V
-
Cando un ser vivo se alimenta doutro tamén toma parte da súa enerxía.
V
-
Unha parte da enerxía dos seres vivos pérdese en forma de calor.
-
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0