Saltar navegación

3. Resumo dos contidos

Internet

  • Internet é un conxunto formado por milleiros de redes de todo o mundo que están conectadas entre si.
  • Cando un equipamento informático se conecta a internet está identificado por un enderezo IP.
  • Para establecer unha conexión é preciso contratar o servizo cunha compañía telefónica.
  • As páxinas web son un dos medios de transmisión de información en internet. Están en servidores e pódese acceder a elas a través da rede.
  • Un navegador é unha aplicación que permite abrir páxinas web.
  • A información contida nas páxinas web pode ser gardada total ou parcialmente. Se é de interese unha parte do contido dunha páxina web, pódense empregar as ferramentas seleccionar e copiar para, posteriormente, pegar nun documento de texto.
  • Un buscador é unha páxina web que funciona como un filtro e amosa as páxinas que atopa sobre o tema de interese. Exemplos de buscadores: Google, Yahoo, ...
  • Outra das formas de mover información en internet é o correo electrónico. Para poder empregar o correo electrónico é preciso contratar unha conta de correo con un provedor deste servizo. Hai provedores que proporcionan este servizo de xeito gratuíto.

Números enteiros

  • Representación dos números enteiros.
  • Operación cos enteiros: suma, resta, multiplicación, división, potencias e raíces.
  • Xerarquía de operacións: operacións combinadas.

Estrutura da Terra

  • Métodos directos e indirectos do estudo da Terra.
  • Modelo xeoquímico da Terra: codia, manto e núcleo.
  • Modelo xeodinámico da Terra: Litosfera, astenosfera, mesosfera e endosfera.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0