1.1 Descrición da unidade didáctica
Internet é unha ferramenta que, día a día, se torna máis básica para intercambiar información. Coñecer, aínda que só sexa basicamente, como se pode presentar, acceder e utilizar a información é fundamental para mellorarmos a nosa visión do mundo. As páxinas web, o correo electrónico e todas as aplicacións que se atopan ao noso dispor na rede son elementos de grande utilidade que non podemos descoñecer. Non abonda con sabermos da súa existencia; tamén é necesario aprendermos a manexar todos os recursos que a grande rede pon ao noso alcance.
Incorpóranse despois os números enteiros, a partir dos naturais, para comprender e expresar matematicamente aspectos relacionados con eles. Para iso estudaremos a representación e a ordenación dos números enteiros, operacións cos enteiros e as operacións combinadas.
Comezamos neste módulo I á describir as capas da Terra, comezando pola xeosfera, a parte sólida da Terra, estudando a súa estrutura interna e os métodos de estudo que se utilizan para saber a súa composición.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0