Saltar navegación

2.1.4 O correo electrónico (e-mail)

O enderezo

Outra ferramenta moi empregada en internet e o correo electrónico.É un sistema moi rápido que permite o movemento de cantidades importantes de información. Permite anexar ou xuntar ficheiros de texto e gráficos.

Para empregar o correo electrónico temos que dispor dun provedor de correo que, pola súa vez, nos ha permitir empregar un enderezo de correo e un portal (páxina web) que dá acceso a un xestor de correo que permite o tráfico de mensaxes.

As mensaxes están no provedor ata que o usuario abre a súa conta e pasan ao seu computador. Os servidores de correo poden ser empresas informáticas, como Yahoo, Wanadoo, etc., organismos oficiais, como a Xunta, as universidades, empresas de acceso telefónico, etc.

Se non dispomos dun enderezo de correo podémolo conseguir de balde en calquera dos moitos servidores de internet: Hotmail, Yahoo, etc.

Os enderezos de correo electrónico gardan certo parecido cos das páxinas web. Constan de dúas partes:

 correo

Abrir unha conta e usar o correo electrónico

 

 conta

 

 abrir conta

 

 correo

 

 acceso correo

 

 acceso

 Xuntar ficheiros a mensaxes

O correo electrónico tamén se pode empregar para xuntar ficheiros. Isto é enviar, ademais do texto do correo, algún documento de texto, imaxe, etc., que teñamos previamente elaborado.

O sistema é sinxelo. Na ventá en que escribimos o correo, eliximos a opción de xuntar. Abrirase outra ventá, onde procuraremos o ficheiro para xuntar, e entón seleccionarémolo.

Ao mandarmos o correo tamén se inclúe o ficheiro sinalado, que pode abrirse á súa recepción seleccionándoo co botón esquerdo do rato.

 adxuntar

Actividades propostas

S9.  Cree unha conta de correo electrónico en calquera dos servidores de internet coñecidos. Todas empregan criterios moi parecidos.

S10.  Pídalle o enderezo de correo electrónico a un compañeiro e intercambie correos con el.

S11.  Envíe un correo co que xunte documentos de texto ou imaxes gardadas nas actividades anteriores.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0