Saltar navegación

2.1.3 Manexo de buscadores: Google, Yahoo, etc

Non sempre coñecemos o enderezo completo da páxina ou das páxinas web que conteñen a información que precisamos. Podemos buscar e identificar as páxinas que conteñen esa información empregando buscadores.

O manexo de buscadores é sinxelo e permite que, entre os millóns de páxinas dispoñibles en internet, filtremos aquelas que teñen a información que queremos. Hai moitos buscadores: Google, Yahoo, etc.

Accédese aos buscadores como ao resto das páxinas web, escribindo o seu nome na barra de enderezos ou seleccionándoos en favoritos, se antes nos ocupamos de gardalos.

 buscadores

 

 motor busca

Cantas máis palabras empreguemos para facer a procura máis refinada será esta. Os artigos, as preposicións, as conxuncións, etc. non se teñen en conta na busca. Só se terán en consideración cando vaian entre comiñas. Este é o sistema para buscar frases enteiras.

 motor busca

Ademais, Google permite empregar varios idiomas para facer buscas.

Procura de imaxes

Google, o mesmo que outros buscadores, ten unha ferramenta de procura de imaxes. Seleccionándoa pódese facer unha busca das imaxes relacionadas cun determinado tema. O procedemento é o mesmo que para a busca de páxinas web: hai que escribir o tema na ventá de busca.

Para copiar unha imaxe dunha páxina web hai que colocar o apuntador sobre ela e, no botón dereito do rato, elixir a opción Gardar imaxe como... A imaxe pódese gardar nun cartafol do equipamento e posteriormente inserila nun documento de Word, ou vela con calquera das aplicacións de imaxe dispoñibles.

Tamén se pode elixir, no botón dereito do rato, a opción Copiar. Deste xeito, a imaxe pode ser pegada nun documento de texto (Word, Open Office, etc.) coa ferramenta Pegar.

 procura

 


imaxes

 

Actividades propostas

S6.  Empregue un buscador para atopar información sobre algúns temas que lle interesen, por exemplo, sobre astronomía. Velaquí algúns buscadores:

S7.  Empregue un buscador para achar información sobre algúns temas que sexan do seu interese. Por exemplo, busque información sobre:

    • A codia continental.
    • A astenosfera.

S8.  Procure imaxes sobre modelos da estrutura interna da Terra, refinando cada vez máis o sistema de busca. Comece por construír un documento de Word que conteña as imaxes seguintes:

    • Discontinuidades da Terra.
    • Codia, manto e núcleo da Terra.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0