Internet. Os números enteiros. Estrutura da Terra.
2.5.3 Modelo xeodinámico.
Se analizamos a estrutura da xeosfera de acordo coa rixidez das rochas, temos as seguintes capas ou niveis en orde de profundidade:
- Litosfera. Fórmana os primeiros 100 km e abrangue a codia terrestre e a parte máis externa e sólida do manto. É ríxida, e rompe ao sometela a moita forza. Por extensión, identifícase a litosfera coa codia terrestre, chegando a seren termos sinónimos.
- Astenosfera. Caracterízase pola plasticidade dos materiais e pola súa fluidez. Está situada debaixo da litosfera. É unha capa plástica e de espesor variable entre 100 e 300 km nos lugares onde ha sido recoñecida, feito polo que algúns autores non a consideran como nivel universal. Permite o desprazamento horizontal das placas litosféricas ríxidas, así como os movementos verticais de elevación e afundiomento de continentes.
- Mesosfera. Está situada por debaixo da mesosfera ata uns 2.700 km de profundidade. É unha capa sólida da que non se coñece o seu estado de rixidez. A astenosfera e a mesosfera forman parte do manto. A parte menos sólida do manto está constituída polo magma, que é unha mestura de rochas en estado de fusión entre 700ºC e 1.500ºC, vapor de auga e outros gases e que ao movérense provocan a inestabilidade da codia terrestre e producen fendas, polas que sae ao exterior formando os volcáns.
- Endosfera. Correspóndese cos 200 km máis profundos do manto e coa totalidade do núcleo (externo e interno), situado no centro da Terra.
![]() |
Actividades propostas
S20. Elabore un esquema coa estrutura da xeosfera segundo a composición e segundo a rixidez das capas que a compoñen.
S21. Explique as diferenzas existentes entre a codia continental e a codia oceánica.
S22. Complete a imaxe cos termos que identifican cada unha das partes da Terra:
![]() |
|

