Saltar navegación

2.5.1 Métodos de estudo da Terra

Non sabemos con precisión cómo é o interior da Terra. Os pozos máis profundos que puideron se perforados só teñen uns 13 km de profundidade. Esta cifra resulta insignificante se se compara cos máis de 6.000 km de profundidade que ten o noso planeta. Para coñecer a estrutura interna terrestre utilízanse varios métodos:

  • Métodos directos. O estudo das rochas da superficie terrestre ou a realización de sondaxes (escavacións de varios quilómetros de profundidade). Estes métodos permiten coñecer a composición e a estrutura dos materiais da Terra.
  • Métodos Indirectos. O estudo das ondas sísmicas, que se producen durante os terremotos. As características desta ondas dan información sobre o tipo de material que van atopando ao seu paso.

A partir dos datos obtidos, os xeólogos deduciron que a Terra está formada por tres capas principais. Da máis externa á máis interna, estas tres capas reciben o nome de codia, manto e núcleo. Vexamos os dous modelos da estrutura interna da Terra con base nestes datos.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0