2.1.2 Páxinas web
Os servidores
Internet ofrece diversos sistemas de intercambio de información: páxinas web, correo electrónico, grupos de noticias, etc. Un dos medios de comunicación e de transmisión de información en internet é o constituído polas chamadas páxinas web.
En internet a información está dispoñible en servidores, e cada servidor ten un nome, que se denomina enderezo URL (Uniform Resource Locator). Existe unha rede de servidores que ofrece información a todos os usuarios, é a chamada World Wide Web (www) (rede de tea de araña mundial). Os servidores son servidores web.
Para acceder a un servidor precisamos o seu enderezo. Nun servidor a información está estruturade en páxinas, as páxinas web. Unha páxina web está construída con hipertexto, é dicir, con conexións que levan a outras páxinas, imaxes, etc.
![]() |
Navegadores
Para podermos acceder ás páxinas web é preciso dispormos dun navegador. Os que máis se empregan son Mozilla, Explorer, Netscape . Todos estes navegadores poden descargarse de balde, aínda que o normal é que os equipamentos informáticos teñan xa instalado un navegador.
![]() |
Hai que localizar a icona no escritorio ou no menú de Inicio. Nos pasos sucesivos empregamos o navegador internet Explorer.
- Para lanzar o navegador cómpre estar conectado a internet.
- Para acceder a páxinas web das que se coñece o enderezo só é preciso escribir o nome completo da páxina na barra de enderezos do navegador.
![]() |
- Ao pasar o apuntador sobre determinados puntos dunha páxina web prodúcese un cambio na súa aparencia, xa que toma o aspecto dunha man, trátase dunha ligazón. Seleccionándoa co botón esquerdo do rato podemos movernos a outra páxina que está ligada con aquela na que estamos.
- As páxinas que se van abrindo sucesivamente poden ser visitadas sen volver a escribir o seu nome empregando os botóns de atrás e adiante.
Favoritos
Se queremos gardar o enderezo dunha páxina que nos interesa, para podermos acceder a ela noutro momento sen volver escribir o enderezo, podemos incluíla en Favoritos.
![]() |
![]() |
Opcións de internet
O navegador ten unha páxina de inicio que podemos cambiar por outra que prefiramos. Para isto é preciso modificar as opcións en Opcións de internet do propio navegador.
![]() |
Copiar, pegar e gardar
Cando atopamos unha información do noso interese podémola gardar. Tanto se é un texto como se é unha imaxe, podemos Copiare Pegardespois, por exemplo, nun documento de Wordou de OpenOffice. O procedemento é sinxelo, temos que seleccionar, empregando o botón esquerdo do rato e percorrendo todo aquilo que nos interesa. Logo eliximos no botón dereito do rato a opción Copiar, e despois a de Pegar, empregando tamén o botón dereito do rato, sobre un documento de Word previamente aberto. A información que se copia non sempre aparece co mesmo formato: tipo de letra, parágrafo, etc.
![]() |
Cando a páxina web é moi grande pódese gardar e traballar con ela cando xa non se teña conexión a internet. Para gardar unha páxina web hai que elixir a opción do menú Ficheiro e Gardar como. Cumprirá elixir o cartafol e o nome con que se queira gardar a páxina.
Actividades propostas
S1. Acceda a páxinas web das que coñeza o enderezo e navegue polas súas ligazóns. Probe inicialmente con estas:
S2. Garde páxinas web do seu interese en Favoritos e acceda despois a elas directamente, seleccionándoas co botón esquerdo do rato.
S3. Cambie a páxina de inicio do navegador e comprobe o seu funcionamento correcto. Modifique o navegador para que empregue como páxina de inicio cada unha das sinaladas.
S4. Garde algunha das páxinas web da actividade anterior.
S5. Constrúa un documento de Word con información sobre á estrutura interna da Terra e garde ese documento nun cartafol.
Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0






