Saltar navegación

1.3 Obxectivos didácticos

Obxectivos

  • Coñecer o funcionamento de internet e os seus servizos.
  • Crear un correo electrónico.
  • Utilizar as ferramentas que achega internet para a procura de información e comunicación entre usuarios.
  • Utilizar o Google Sky, ou similar, para iniciar unha visita á Terra.
  • Achar a necesidade de ampliar o conxunto dos naturais para cubrir a necesidade de utilizar os números negativos.
  • Utilizar números enteiros en contextos adecuados, logo de crear a súa necesidade.
  •  Saber operar con números enteiros, utilizar a xerarquía de operacións e recoñecer a funcionalidade da utilización das parénteses.
  • Saber os métodos de estudo da estrutura interna da Terra.
  • Identificar as partes que compoñen a xeosfera.
  • Saber diferenciar a codia, o manto e o núcleo da Terra.
  • Definir e diferenciar ben as partes do modelo xeodinámico da Terra.

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0