Saltar navegación

2.3.4 Potencias e raíces de números enteiros

Potencias de números positivos

Unha potencia de base positiva é sempre un números enteiro:

( + 2)3 = (+2)·(+2)·(+2)= +8

(+4)2 = (+4)·(+4) = + 16

Potencias de números negativos

Unha potencia de base negativa terá un resultado positivo ou negativo dependendo do expoñente: se é par, o resultado será positivo; se é impar, o resultado será negativo.

Expoñente par

Expoñente impar

(-2)0 = 1

(- 2)1 = -2

(-2)2 = (-2)·(-2) = + 4

(-2)3=(-2)·(-2)·(-2)= - 8

Raíz cadrada dun numero enteiro

Lembre o significado da raíz cadrada e observe estes exemplos.

 

 a

===>

+3, xa que (+3) 2 = 9

-3, xa que (-3) 2 = 9

 b

Non ten solución enteira. O seu valor está entre +3 e +4, ou entre -4 e -3. Pódese buscar coa calculadora.

 c

Non existe, xa que o cadrado dun número nunca é negativo.

Actividades propostas

S14.    Calcule:

(+3) – (+8)

(-9) + ( -6)

(-7) – (-7) + ( -7)

( -7)3

(+2)4

 √25   √-16

 

S15.   Nunha nave de conxelados, a temperatura na nave de envasamento é de 12º C, e no interior do almacén frigorífico é de 15º C baixo cero. Cal é a diferenza de temperatura entre a nave e a cámara?

 

S16.  Estude os movementos da conta e calcule o saldo que tiña o 6 de novembro, sabendo que o 15 de outubro a pechou cun saldo de 250 euros.

Banco Científico e Tecnolóxico

Extracto de movementos

Número de conta: _____________________________

Data

D

H

Concepto

16 – X

150

  • Operación do caixeiro

25 – X

2

  • Devolución comisión

31 – X

 1284

  • Nómina

2 – XI

84

  • TVP

3 – XI

100

  • Operación do caixeiro

3 – XI

572

  • Operación de préstamo

5 – XI

65

  • Recibo da luz

Habilitar JavaScript

 

S17.  Calcule as seguintes sumas e restas de máis de dous números enteiros:

    • – 1 – 3 + 5 – 8 – 4 – 3 + 2 =
    • – 6 – 9 + 4 + 12 – 15 + 21 =
    •  (-8) – (-1) – (+3) + (–5) + (+9) =
    • (+2) – (+12) + (–11) – (-15) – (–5) =

Habilitar JavaScript

 

S18. Calcule as seguintes multiplicación e divisións dos números enteiros.

    • [(+45) : (-15)] : (-3) =
    • 18 – 3 . ( 4 + 2 )=
    • 4 . ( 2 – 6 ) – 5 . ( 3 – 7) =
    • [(+81) : ( -3)] : [( +9) : (-3)] =

Habilitar JavaScript

Licenciado baixo a Licenza Creative Commons Recoñecemento Non-comercial Compartir igual 3.0