A Linguaxe de Argen 1º G.P. - UD 9: As normas de escritura
Unidade didáctica que desenvolve contidos das 4 destrezas da materia de Linguaxe Musical (ritmo, entoación, audición e teoría) para o 1ª curso de Grao Profesional das ensinanzas especiais de Música, con explicacións e exercicios prácticos, con partituras axeitadas ao nivel e vídeos e audios para apoiar o estudo.
Son un conxunto das segundas 5 UD das 10 que conforman o material a traballar no curso completo; esta unidade (UD 9) céntrase nas normas de escritura musical (plicas, silencios, acordes, puntiños, barrado, alteracións), ademais de traballar as equivalencias no ritmo e repasar todas as claves de Do traballadas (Do en 1ª, 3ª e 4ª); entoación a capella e con acompañamento e ditados a dúas voces.