Xa non queda nada para rematar o curso. Canto temos traballado! Intervalos, cadencias, acordes, escalas, notas de adorno, ... Xa pouco hai que descubrir.
Nesta unidade imos coñecer as normas de escritura musical; que é iso? Pois saber como se colocan as plicas, os puntiños, e moito máis.
No parte de ritmo retomamos as equivalencias; lembrades o que eran? Os cambios de pulso. Hai que practicalos!
E cantaremos e recoñeceremos melodías, que nos levaran ata América; a quen coñeceremos?
Imos aló!