A Linguaxe de Argen 1º G.P. - UD 5: As escalas
Unidade didáctica que desenvolve contidos das 4 destrezas da materia de Linguaxe Musical (ritmo, entoación, audición e teoría) para o 1ª curso de Grao Profesional das ensinanzas especiais de Música, con explicacións e exercicios prácticos, con partituras axeitadas ao nivel e vídeos e audios para apoiar o estudo.
Son un conxunto das primeiras 5 UD das 10 que conforman o material a traballar no curso completo; esta unidade (UD 5) céntrase nos tipos de escala (diatónicas, pentatónicas, heptáfonas e cromáticas), ademais de traballar os compases de amalgama e a clave de Do en 4ª na parte rítmica, entoación e os ditados a dúas voces.