A Linguaxe de Argen 1º G.P. - UD 2: Os intervalos
![Portada da UD2 do recurso "A linguaxe de Argen"](/sites/default/files/styles/large/public/imaxes/recursos/Imaxe%20identificativa%20-%20UD2%20Os%20intervalos.jpg?itok=Gr1Gkl6Q)
Unidade didáctica que desenvolve contidos das 4 destrezas da materia de Linguaxe Musical (ritmo, entoación, audición e teoría) para o 1ª curso de Grao Profesional das ensinanzas especiais de Música, con explicacións e exercicios prácticos, con partituras axeitadas ao nivel e vídeos e audios para apoiar o estudo.
Son un conxunto das primeiras 5 UD das 10 que conforman o material a traballar no curso completo; esta unidade (UD 2) céntrase nos intervalos (simples e compostos, clasificación e inversión, enharmonías), ademais de traballar os compases simples e compostos en unidade de branca e a clave de Do en 3ª na parte rítmica, entoación e os ditados a dúas voces.