A Linguaxe de Argen 1º G.P. - UD 1: Xa estamos de volta!
![Portada da UD1 do recurso "A linguaxe de Argen"](/sites/default/files/styles/large/public/imaxes/recursos/Imaxe%20identificativa%20-%20UD1%20Xa%20estamos%20de%20volta.jpg?itok=w2bKSjV8)
Unidade didáctica que desenvolve contidos das 4 destrezas da materia de Linguaxe Musical (ritmo, entoación, audición e teoría) para o 1ª curso de Grao Profesional das ensinanzas especiais de Música, con explicacións e exercicios prácticos, con partituras axeitadas ao nivel e vídeos e audios para apoiar o estudo.
Son un conxunto das primeiras 5 UD das 10 que conforman o material a traballar no curso completo; esta unidade (UD 1) céntrase nos contidos traballados no curso anterior a modo de repaso (intervalos, acordes, tonalidade e escalas), ademais do ritmo, entoación e ditados a 1 voz. Serve como ferramenta para levar a cabo a avaliación inicial.