Elas Escriben: Unidade 1, A ilustración

Visto: 0 veces
2023-03-17

Xogo tipo Scape Room que permite repasar ó alumnado contidos do bloque de literatura de 4º ESO (contexto histórico e características artístico-literarias) e, ademais, visibiliza a mulleres literatas, ausentes normalmente dos libros de texto. Así, en cada unidade o alumnado deberá realizar unha misión distinta para poder chegar a coñecer a estas mulleres.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (ESO)

Visto: 0 veces
2022-11-14

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos:

De lingua en lingua: abril

Visto: 0 veces
2019-05-08

Proxecto educativo plurilingüe (galego, castelán, inglés) composto por unidades didácticas integradas, deseñadas para que corresponda unha por mes, desde outubro a xuño, ao desenvolverse todas elas arredor de datas conmemorativas propostas no calendario escolar. Neste caso concebiuse para traballar a semana do libro.