Fundación Intelligere & co. Axencia de creación (Versión en castelán)

Este ODE é o cuarto dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado na interrelación entre a IA e a literatura, os modos lingüísticos propios da era dixital e da IA e un percorrido histórico pola evolución da ciencia ficción. A partir do seu estudo, foméntase unha comprensión comunicativa esencial para o seu éxito e preséntanse conceptos clave relacionados coas distintas competencias do perfil de saída, co obxectivo de proporcionar unha formación integral, crítica, creativa e responsable, cunha especial atención á dimensión lingüística e cultural que sustenta o avance dixital.
A proposta parte da creación dunha situación ficcional: a existencia dunha fundación, Intelligere & co. que investiga e fai desenvolvemento no campo da IA. A través deste motivo o alumnado traballa unha serie de situacións de aprendizaxe nas que explora o universo das IA e as súas aplicacións e habilita o traballo competencial.
A metodoloxía está orientada a formar equipos de traballo que superen diversos retos relacionados coa intelixencia artificial e as súas interseccións coa cultura, a comunicación e a lingua.
A estrutura modular do proxecto permite adaptar o ODE (ou partes del) a outras materias do currículo. O curso recomendado para a súa aplicación é 4º da ESO, xa que require competencias dixitais previas, unha certa madurez na argumentación e inclúe contidos curriculares axeitados.