Proxecto BauGal_Tecno_ODE5: Menos é máis
Penúltima secuencia do proxecto de arquitectura bioclimática BauGal enfocada á documentación e divulgación do resultado do proxecto elaborado na secuencia anterior e vencellando este traballo co mundo laboral.
Son obxectivos específicos:
-
Adquirir conciencia do papel da publicidade no noso sistema económico-social e coñecer ferramentas dixitais para deseñar e difundir a nosa propia marca (branding).
-
Achegarnos ó mundo laboral, valorando a necesidade mellorar o perfil competencial de saída da ESO, e aprender a deseñar un CV e un portoflio dixital.
-
Vectorizar unha imaxe con Inkscape e manipular unha cortadora láser, aplicando os conceptos fundamentais dun proceso CAM.
-
Publicar e expoñer oralmente un proxecto.
É necesario ter traballado os ODE 1, 3 e 4 de Tecnoloxía_BauGal, onde se introducen e explican os conceptos básicos de arquitectura bioclimática e se desenvolve un proxecto de taller.
O ODE está temporalizado para 5 sesións sen contar o tempo que require facer os gravados e corte láser nin o das exposicións orais. Ademais, a secuencia inclúe recursos da parte Lingua_BauGal que, de non ser tratados na materia de Lingua Galega, alongarían o cronograma (ex: creación dun CV, creación dun spot, etc.)