Fundación Intelligere & co. Axencia de protección (Versión en castelán)

Este ODE é o terceiro dunha serie de cinco secuencias didácticas destinadas ás relacións entre a intelixencia artificial e a linguaxe. O propósito deste ODE en concreto é introducir ao alumnado nas disfuncións e perigos da IA así como na comprensión da argumentación, das propiedades da coherencia e adecuación e mais o funcionamento da sintaxe semántica como ferramentas para facerlles fronte e desenvolver unha perspectiva crítica.
A proposta parte da creación dunha situación ficcional: a existencia dunha fundación, Intelligere & co. que investiga e fai desenvolvemento no campo da IA. A través deste motivo o alumnado traballa unha serie de situacións de aprendizaxe nas que explora o universo das IA e as súas aplicacións e habilita o traballo competencial.
A metodoloxía está orientada a formar equipos de traballo que superen diversos retos relacionados coa intelixencia artificial e as súas interseccións coa cultura, a comunicación e a lingua.
A estrutura modular do proxecto permite adaptar o ODE (ou partes del) a outras materias do currículo. O curso recomendado para a súa aplicación é 4º da ESO, xa que require competencias dixitais previas, unha certa madurez na argumentación e inclúe contidos curriculares axeitados.