Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
Nesta situación de aprendizaxe o alumnado terá que deseñar, planificar e adestrar unha IA (LearningML), obter un modelo da mesma e programar unha aplicación que faga uso do devandito modelo. Proponse ao alumnado o deseño e programación dunha aplicación baseada en IA, aplicada a unha zona física do IES, que teña que ver cun tema relacionado coa saúde e benestar no IES.