Unha viaxe polo mundo: creando un conto musical intercultural
Este REA é o número 2 - dun total de 4 - elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Música en 2.º ESO.
Ten como finalidade o achegamento á linguaxe musical a través da práctica da música e da danza de diferentes partes do mundo, así como a comprensión das súas características e a valoración da diversidade cultural.
O alumnado deberá resolver un reto que consiste na creación colectiva dun conto musical, no que empregará a voz, o corpo e diferentes instrumentos para interpretar, improvisar e compoñer pequenos fragmentos musicais, que serán presentados de maneira creativa.