Foliada virtual
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 3 -dun total de 4- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Música de 2º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe céntrase na análise, interpretación e difusión de contidos musicais e dancísticos, con especial atención á música e danza en Galicia, desde o tradicional ata a actualidade, e á experiencia da música en vivo. O alumnado investigará, escoitará e analizará diferentes pezas, interpretará e bailará repertorio variado e organizará a información de maneira estruturada, desenvolvendo habilidades musicais, creativas e de traballo en grupo. De forma complementaria, traballaranse nocións básicas de texturas e formas musicais para apoiar a comprensión das obras.
O alumnado terá como reto crear vídeos de carácter didáctico nos que presentan cancións e danzas relacionadas co folclore, amosando as súas características principais e a súa forma de interpretación.