Rutas a lo desconocido

Visto: 0 veces
2025-01-22

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2  -dun total de 7-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal que o alumnado integre nos seus coñecementos parte dos contidos do currículo relacionados cos números enteiros e co sentido socioafectivo, mediante a posta en valor do patrimonio galego oculto próximo á súa contorna.

Fiesta del Patrón

Visto: 0 veces
2025-01-22

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4  -dun total de 7-  elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal a introdución á álxebra empregando como elemento motivador as casetas dunhas festas patronais. No proceso trabállanse tamén contidos vinculados ao sentido socioafectivo, fomentando o control das emocións e o traballo en equipo.

Ocho apelli2 gallegos

Visto: 0 veces
2025-01-13

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 7 -dun total de 7- elaborado no proxecto cREAgal para a materia de Matemáticas de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.

A situación de aprendizaxe desenvolvida ten como obxectivo principal introducir ao alumnado no mundo da Estatística, que se enmarca no currículo dentro do sentido estocástico. Ademais, promove o desenvolvemento de destrezas persoais e socioafectivas vinculadas ao bloque do sentido socioafectivo.

A reseña (Obras son amores: Aula de creación, interación e implicación)

Visto: 0 veces
2024-10-02

O comportamento dun individuo non depende só das súas características persoais, senón tamén do influxo que o medio poida exercer sobre el. 
Esta unidade da as pautas para realizar unha reseña literaria. Preténdese incentivar o gusto pola lectura e o espíritu crítico. Fomenta, ademais, o traballo cooperativo entre o alumnado.

A efeméride (Obras son amores: Aula de creación, interación e implicación)

Visto: 0 veces
2024-10-02

A efeméride segundo a RAE é un acontecemento que se lembra nun aniversario.  Rememorar feitos históricos ou personaxes de relevancia cultural é importante para a construción da nosa propia identidade. A importancia non radica simplemente en evocar tales acontecementos, senón apelar á sensibilización e concienciación cara os valores que derivan de eles.
A nosa labor será render homenaxe a figuras ou feitos de especial trascendencia ligados ao literario e reflexionar sobre o impacto na sociedade e en nós mesmos.