Diversificación Curricular para 3º de ESO: Entre Guerras
Partindo dun tema da área de Xeografía e Historia , os conflitos do século XX, vaise articulando toda a unidade que abrangue os contidos pertencentes ás diferentes disciplinas que integran o Ámbito Sociolingüístico: Lingua Inglesa, Lingua Galega, Lengua Castellana e Xeografía e Historia. En cada sección trabállase un xogo para fomentar a aprendizaxe baseada en xogos e inclúese tamén unha proposta de situación de aprendizaxe e un traballo por proxectos. Pode atopar cartas para gamificar a unidade e un escape room final a modo de repaso da mesma.
Esta é a quinta unidade do curso completo do Programa de Diversificación Curricular para 3º de ESO.