Sin miedo a hacer clic
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 2 -dun total de 7- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Tecnoloxía e Dixitalización de 1º de Educación Secundaria Obrigatoria.
A situación de aprendizaxe que desenvolve ten como fío condutor o manexo correcto e seguro das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), incidindo na protección dos equipos, dos datos e das persoas, desde o respecto ás normas de etiqueta dixital e aos dereitos de autoría.
Ao longo do reto proposto, o alumnado explora o hardware e o software que utilizará para a creación de documentos informativos (dípticos, trípticos ou infografías) sobre ciberseguridade.