Diversificación Curricular para 3º de ESO: A (re)volta ao día en 80 mundos
Cuarta unidade do curso completo do ámbito sociolingüístico para o curso do Programa de Diversificación Curricular de 3º ESO. O centro temático desta unidade pertence á área de Xeografía e Historia: son as revolucións que cambiaron o mundo desde 1789 en adiante.
Arredor deste núcleo xiran os contidos de todas as disciplinas do Ámbito: Lingua Inglesa, Lingua Galega, Lengua Castellana e Xeografía e Historia. En cada sección trabállase un xogo para fomentar a aprendizaxe baseada en xogos e inclúese tamén unha proposta de situación de aprendizaxe e un traballo por proxectos. Pode atopar cartas para gamificar a unidade e un escape room final a modo de repaso da mesma.