O cuco - Ciencias da Natureza

Visto: 0 veces
2026-06-11

O Cuco – Ciencias da Natureza é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

O cuco - Matemáticas

Visto: 0 veces
2026-06-11

O Cuco – Matemáticas é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

O cuco - Mitoloxía

Visto: 0 veces
2026-06-11

O Cuco – Mitoloxía é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

O cuco - Educación Física

Visto: 0 veces
2026-06-10

O Cuco – Educación Física é un xogo educativo dixital baseado na dinámica de preguntas e respostas no que os participantes compiten por conseguir quedar sen ovos no seu niño antes que os demais.

A proposta está inspirada no comportamento do cuco común (Cuculus canorus), unha ave coñecida por depositar os seus ovos nos niños doutras especies para que sexan estas quen os incuben e críen.

Mil latexos de papel

Visto: 0 veces
2026-06-09

«Mil latexos de papel» é o REA 2 —dun total de 3— para Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe parte da lenda xaponesa das mil grúas e a historia de Sadako, para amosar ao alumnado as consecuencias terribles que traen as guerras: pobreza, migración, inxustizas… e que axudará a traballar contidos como os dereitos humanos, a violencia de xénero e a explotación laboral entre outros.

Sementando camiños

Visto: 0 veces
2026-06-09

"Sementando camiños" é o REA 3 —dun total de 3— para Valores Cívicos e Éticos de 6.º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe parte da historia de Carballo Ventureiro, un carballo nacido dentro da bota dun soldado que anda á procura do mellor lugar para crecer. Percorre os montes galegos, coñecendo as ameazas que acosan a biodiversidade. O alumnado progresará na toma de conciencia ecolóxica, coñecendo a importancia das condutas cívicas e coidado do medio ambiente.

Vai de retos

Visto: 0 veces
2026-05-22

Esta aplicación web está dirixida ao alumnado de Educación Primaria e ten como obxectivo fomentar o desenvolvemento do razoamento lóxico-matemático mediante retos e actividades interactivas adaptadas á súa idade. A través dunha contorna visual atractiva e intuitiva, os estudantes poderán resolver diferentes preguntas e desafíos matemáticos que lles permitirán practicar habilidades como o cálculo, a observación, a resolución de problemas e a lóxica.

Análise da calidade da auga con sensor de turbidez e Micro:bit

Visto: 0 veces
2025-12-29

Este proxecto propón construír un sistema que permite analizar a calidade da auga mediante un sensor de turbidez, conectado á placa Micro:bit. A turbidez indica a presenza de partículas en suspensión, e serve como parámetro básico para detectar contaminación ou impurezas. O alumnado observará distintas mostras de auga (auga limpa, da billa, da choiva, dun río, etc.), rexistrará os valores e interpretará os datos para reflexionar sobre a importancia da auga potable e a conservación dos ecosistemas acuáticos.