Un planeta en apuros
Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 5 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.
A situación de aprendizaxe presenta a Flipi, un extraterrestre que solicita axuda ao alumnado para a procura de solucións aos problemas de degradación do seu planeta. Trátanse cuestións como as fontes de enerxía e os problemas ecosociais derivados do esgotamento dos combustibles fósiles. Este proxecto utiliza indagación guiada, experimentación, a introdución ao pensamento computacional mediante a programación dun robot explorador e a construción de xeradores de enerxía eléctrica.
O reto consiste en deseñar e construír a maqueta dun xerador de enerxía eléctrica que utilice fontes renovables, acompañado dun robot explorador programado para detectar recursos ambientais. Cada equipo deberá xustificar as decisións de deseño, explicar o funcionamento do prototipo e presentar a súa proposta nunha exposición pública ante a comunidade educativa nun congreso científico.