Retos para os Polos Creativos: Mentes conectadas

Visto: 0 veces
2024-09-13

O proxecto “Retos para os Polos Creativos” está enfocado a desenvolver e potenciar iniciativas formativas no marco do ámbito STEAM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-arte-matemáticas) utilizando algúns dos materiais aportados pola Xunta de Galicia no proxecto de Polos Creativos. Para isto, realizaranse 6 pequenos proxectos en formato ODE onde o alumnado terá que elaborar unha produción material de deseño propio atendendo ás premisas e obxectivos de cada proxecto.

Retos para os Polos Creativos: Construtores

Retos para os Polos Creativos: Quen xoga

Visto: 0 veces
2024-09-12

O proxecto “Retos para os Polos Creativos” está enfocado a desenvolver e potenciar iniciativas formativas no marco do ámbito STEAM (ciencia-tecnoloxía-enxeñaría-arte-matemáticas) utilizando algúns dos materiais aportados pola Xunta de Galicia no proxecto de Polos Creativos. Para isto, realizaranse 6 pequenos proxectos en formato ODE onde o alumnado terá que elaborar unha produción material de deseño propio atendendo ás premisas e obxectivos de cada proxecto.

Pasaporte emocional. Encerado (debuxo libre)

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Encerado que conta con numerosas ferramentas para debuxar: figuras xeométricas, liñas, frechas, pincel, cadro de texto, inserción de imaxes, goma de borrar etc. O alumnado poderá personalizar o panel de debuxo cambiando a cor de fondo, modificando o formato dos elementos seleccionados e desprazándoos ao lugar de preferencia para realizar composicións creativas, esquemas ou mapas conceptuais.

Tipo de recursos:

Pasaporte emocional. Diario de viaxe

Visto: 0 veces
2024-04-17

Materia: Inglés

Descrición: Contido interactivo que permite ao alumnado crear o seu propio diario de viaxe rexistrando as súas experiencias nas distintas paradas da iniciativa Pasaporte emocional. A narrativa dunha viaxe emocionante e a creación dinámica do diario, que recolle as preferencias de cada persoa no seu deseño (cor, fotografías etc.), motivan ao alumnado a anotar un breve resumo co que se queda de cada destino, contribuíndo así á asimilación do coñecemento adquirido e a súa expresión escrita.  

Autocoidado emocional. Sorteo de autoagasallos

Visto: 0 veces
2024-03-27

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Pílula interactiva que promove a adquisición de rutinas de autocoidado entre o alumnado a través dunha dinámica na que cada estudante elaborará unha lista propia de pequenos regalos que facerse no día a día. Posteriormente e durante unha semana, o alumnado entrará no contido para atopar un regalo diferente e aleatorio da súa lista que terá que desfrutar ao longo do día.

Tipo de recursos: 

Laboratorio de Té Kombucha

Visto: 0 veces
2023-05-16

Materia: Bioloxía e Xeoloxía

Descrición: Contido virtual que permite comprender o proceso de cultivo do té kombucha, paso a paso, así como as súas aplicacións prácticas e creativas. Contén dous laboratorios nos que se pode expor ao cultivo a tres temperaturas distintas (16 ºC, 18 ºC e 22 ºC), comprobando os cambios producidos ao longo de dez días na súa masa e no seu pH, respectivamente, para poder extraer, finalmente, conclusións aplicando o método científico.

Tipo de recursos:

Os días D e as Semanas S: "Día Mundial do Medio Ambiente"

Visto: 0 veces
2023-03-20

Secuencia Didáctica para traballar a conmemoración oficial do "Día Mundial do Medio Ambiente" (5 de xuño). Está formada por unha folla de ruta, un caderno de traballo, glosario, propostas de traballo cooperativo ou colaborativo, unha webquest, actividades de motivación e ampliación, como avaliar a secuencia didáctica e ligazóns a outros recursos na rede.

Pasaporte emocional. Viaxe emocionante (EP)

Visto: 0 veces
2023-01-26

Materia: Benestar emocional na aula

Descrición: Contido dinámico e interactivo que permite ao alumnado traballar distintas competencias emocionais, intrapersoais e sociais a partir dunha viaxe a distintos escenarios reais nos que irá superando retos. ​Emprégase a arte, a historia e a narrativa para profundar no traballo introspectivo do alumnado, así como para fomentar debate e pensamento crítico.

Tipo de recursos: