Visto: 160 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)

25/08/2025

Portada do REA6 para a área de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 6 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a materia de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.

O alumnado sitúase nun contexto motivador centrado nos parques de atraccións, tomando como fío condutor o personaxe de Uxía e a súa excursión de fin de curso. A situación de aprendizaxe parte dos coñecementos previos do alumnado para investigar, mediante experimentación guiada e o método científico, o funcionamento das máquinas simples e compostas presentes nas atraccións. Intégranse contidos transversais sobre o uso seguro e responsable de Internet, a etiqueta dixital e o benestar tecnolóxico, así como unha aproximación ás profesións STEM desde unha perspectiva de xénero inclusiva. Mediante unha metodoloxía de indagación e resolución de problemas, con actividades multinivel, individuais e colaborativas, o alumnado desenvolve o pensamento crítico, a creatividade e as habilidades de pensamento computacional a través da programación sinxela de elementos interactivos.

O reto consiste en deseñar, construír e programar unha maqueta dun parque de atraccións por equipos. Cada grupo deberá crear unha atracción funcional que integre máquinas simples ou compostas, xustificar o seu deseño desde un punto de vista técnico e científico e incorporar elementos de programación básica para simular o seu movemento ou funcionamento. Como peche do proxecto, realizarase unha exposición pública na que cada equipo presentará a súa creación ante a comunidade educativa.

Guía didáctica

Troula Park

Visto: 0 veces
Votos
Media: 5 (3 votos)
2025-08-25
Imaxe

Categoría
Creagal
Galego