A natureza en xogo

Visto: 0 veces
2025-08-25

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 1 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a área de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.

A través desta situación de aprendizaxe, o alumnado colaborará coa biblioteca do centro para crear recursos lúdicos. Os contidos que se traballan están relacionados cos seres vivos: estrutura celular, funcións vitais, clasificación nos cinco reinos e biodiversidade. Paralelamente, o alumnado explora a tipoloxía e mecánicas dos xogos de mesa para deseñar as súas propias propostas.

Exploramos os ecosistemas: misión natureza

Visto: 0 veces
2025-08-25

Este é o REA (Recurso Educativo Aberto) número 4 -dun total de 6- elaborado no marco do proxecto cREAgal para a área de Ciencias da Natureza de 5º de Educación Primaria.

A situación de aprendizaxe créase arredor dunha invitación para participar na Feira da Ciencia do centro educativo. O alumnado actuará como investigadoras e investigadores dos compoñentes fundamentais dos ecosistemas (factores bióticos e abióticos), a diversidade de formas de vida, as relacións tróficas e a importancia da biodiversidade para o equilibrio natural.