Saltar navegación

5. E... que aprendiches?

Xa se ve o final! E... que aprendiches?

Parabéns polo voso excelente traballo!

Durante as últimas semanas, explorastes diversos aspectos da Xeografía. Ao longo deste proceso, adquiristes unha impresionante cantidade de coñecementos e habilidades. Fostes quen de comprender como se determinan as coordenadas terrestres e como nos axudan a situarnos no mapa. Explorastes os movementos da Terra e decatástesvos de como afectan as nosas vidas. Ademais, afondastes na orixe e na evolución do relevo, así como nas diversas formas en que aparece na superficie terrestre. Premendo na imaxe podes descargar o pdf co mapa mental.

Relevo terrestre representación
Non obstante, non só adquiriches coñecementos teóricos, senón que tamén aplicastes estes conceptos dun xeito práctico e creativo. A elaboración da guía de viaxe imaxinaria a algún punto da xeografía galega foi unha actividade final apaixonante e enriquecedora que vos axudou a desenvolver habilidades importantes como o manexo de ferramentas informáticas e o traballo en equipo, a comunicación eficaz, a resolución de problemas, o cumprimento de prazos...

Para rematar, animámosvos a seguir explorando e aprendendo sobre o mundo que nos rodea. A Xeografía é unha disciplina ampla e en constante evolución, chea de oportunidades para descubrir e comprender mellor a nosa contorna.
Foi un pracer acompañarvos nesta viaxe de descubrimento e aprendizaxe!

Agora toca avaliar.

Lectura facilitada

Ao final aprendiches un montón de cousas:

  1. Cales son os movementos da Terra e a que dan lugar.
  2. Que é un mapa e como se interpreta.
  3. Como manexar as coordenadas xeográficas.
  4. Como se crea e evoluciona o relevo.
  5. Cales son as diferentes unidades de relevo.
  6. Como recoñecer nun mapa topográfico as principais formas de relevo.

Como se avalía o noso proxecto

Instrucións para a puntuación: • Cada grupo avaliador asignará unha puntuación de 1 a 5 en cada criterio para o grupo avaliado. • Ao final podedes engadir comentarios construtivos • Sumar as puntuacións para obter a nota total. Nota total do grupo avaliado: _______ / 25

Como se avalía o noso proxecto (5x6)
 ExcelenteBoaCorrectaNegativaIncorrectaNula
Presentación da guíaA Guía está excelentemente presentada: boa maquetación, redacción orixinal e creativa, cun vocabulario preciso. As imaxes presentan unha calidade e tamaño axeitado en todo momento. (2)A guía ten unha boa presentación, correcta na redacción e nas imaxes, que se axustan aos contidos e, en xeral, teñen un tamaño e calidade axeitados. Non hai faltas de ortografía. (1.6)A guía ten unha presentación correcta, con todos os apartados rematados. A redacción presenta algunhas faltas de ortografía, e ás veces é inconexa e reiterativa, con algunhas imaxes que non son axeitadas en calidade nin en tamaño. (1.2)Presentan a guía, pero con parte dos apartados sen rematar. A redacción ten bastantes faltas de ortografía, e non amosa madureza. Faltan imaxes de relevo e mapas, e algunhas non son axeitadas en tamaño e calidade. (0.8)Presenta a guía, pero a maioría dos apartados están sen rematar. Faltan imaxes e a redacción é desaxeitada. Contén múltiples erros e faltas de ortografía. (0.4)Non presentada (0)
Elaboración de contidosO traballo mostra dominio dos contidos de mapas, xeolocalización e relevo, axústase totalmente ao formato requirido. Achega información interesante utilizando as ferramentas correctas. (3)Presenta todos os apartados de maneira correcta. Coñecen e utilizan de xeito preciso os contidos de xeolocalización, relevo e mapas. O perfil está ben elaborado. Non achega moita información sobre as formas de relevo. (2.4)Preséntanse os contidos mínimos esixidos en todos os apartados. Presenta coordenadas, mapas, e indicacións de formas de relevo con algunhas omisións e erros. O perfil non está ben elaborado. (1.8)Non presenta os contidos mínimos esixidos en todos os apartados. Realizan coordenadas e mapas, pero con erros. Faltan case todas as formas de relevo , e as feitas teñen algunhas omisións e erros. O perfil non está elaborado. (1.2)Elaboran contidos, pero están sen rematar, e non se axustan ao esquema do traballo requirido. Non demostran coñecementos de xeolocalización e relevo requiridos. (0.6)Apenas elaboran contidos, e estes non se axustan aos pasos dados para a elaboración da guía. (0)
Utilización e manexo de aplicacións informáticas e fontesAs aplicacións informáticas utilízanse con soltura para orixinar un produto creativo e visualmente orixinal. Indícanse os créditos de todas as fontes utilizadas. (1)As aplicacións informáticas utilízanse con soltura, para orixinar un produto correcto. Indícanse os créditos de todas as fontes utilizadas. (0.8)Utilizan de maneira correcta as aplicacións informáticas. Indica as fontes utilizadas, que son escasas. (0.6)Apenas se indican as fontes utilizadas pero o manexo das aplicacións é bastante correcto. (0.4)Apenas se indican as fontes utilizadas e o manexo das aplicacións non é correcto. (0.2)Non se indican as fontes e non se chegan a utilizar ningunha das aplicacións propostas. (0)
Traballo en grupoExcelente coordinación interna do equipo: cada un dos integrantes asumiu a súa parte das tarefas, distribuídas de xeito equitativo. As decisión foron conxuntas e consensuadas, e a boa relación cos outros equipos contribuíu a crear un bo ambiente de traballo na aula. (2)Alto grao de coordinación interna do equipo, na que todo o grupo asume as súas responsabilidades. A maioría das tarefas distribúense de xeito equitativo. Boa relación co resto dos equipos. (1.6)A coordinación interna do equipo é boa, pero hai un reparto desigual das tarefas entre os seus membros. As decisións tomáronse por consenso entre os membros do equipo. Hai pouca relación co resto dos equipos. (1.2)Escasa coordinación interna do grupo, cunha distribución desigual das tarefas entre os seus integrantes. Apenas tomaron decisións de maneira consensuada. Non hai relación co resto dos equipos. (0.8)Mala coordinación interna do grupo, cunha distribución moi desigual das tarefas entre os seus integrantes e entre o traballo individual dalgúns membros, que se mostran incapaces de tomar decisións de maneira consensuada. (0.4)Falta de coordinación entre o grupo, que fixo soamente traballo individual. (0)
Exposición oral na aula ou visita guiadaA exposición na aula ( ou guía durante a visita) é fluída e clara, coas quendas de intervención dos membros do equipo ben distribuídas. Dominan os contidos e non precisan ler. Fan unha pequena posta en común co resto dos grupos. O diario de aprendizaxe está perfectamente cumprimentado. (2)A exposición na aula (ou guía durante a visita) é fluída e clara, coas quendas de intervención dos membros do equipo ben distribuídas. Coñecen os contidos, pero parte do alumnado do grupo precisa lelos. O diario de aprendizaxe está cumprimentado de maneira correcta, con algún apartado escaso e algún pequeno erro. (1.6)A exposición na aula (ou guía durante a visita) é correcta, aínda que todos os membros do equipo precisan ler ou apoiarse nun guión. Cometen algún erro de vocabulario que denota falta de preparación. O diario de aprendizaxe está cumprimentado de maneira correcta, con algún apartado escaso e algún pequeno erro. (1.2)A exposición na aula (ou guía durante a visita) é irregular, con intervencións moi dispares, e non está ben preparada: precisan ler os contidos, e apenas é un esquema do traballo. O diario de aprendizaxe está cumprimentado en menos dun 50%, e presenta erros (0.8)Non realizada (0.4)Non realizada (0)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Como se avalía o noso proxecto (5x6) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Coavaliación: a avaliar os demais

Instrucións para a puntuación: • Cada grupo avaliador asignará unha puntuación de 1 a 5 en cada criterio para o grupo avaliado. • Ao final podedes engadir comentarios construtivos • Sumar as puntuacións para obter a nota total. Nota total do grupo avaliado: _______ / 25

Rúbrica de coavaliación (5x5)
 ExcelenteMoi benBenNecesita melloraDeficiente
1. Claridade e organización da presentaciónA presentación foi moi clara, ben estruturada e fácil de seguir. (5)A presentación foi clara e ben organizada, con pequenos erros. (4)A presentación foi comprensible pero algo desorganizada. (3)A presentación foi confusa ou difícil de seguir en varios momentos. (2)A presentación foi moi confusa e careceu de estrutura. (1)
2. Dominio do contidoMostraron un dominio completo do tema e responderon preguntas con seguridade. (5)Mostraron un bo dominio do tema, con algunhas pequenas dúbidas. (4)Mostraron un coñecemento básico pero insuficiente do tema. (3)Mostraron dificultades para explicar o tema ou responder preguntas. (2)Non demostraron coñecemento suficiente do tema. (1)
3. Creatividade e orixinalidadeO traballo foi moi creativo, orixinal e chamou a atención. (5)O traballo foi creativo e tivo elementos orixinais. (4)O traballo foi adecuado pero pouco creativo. (3)O traballo foi pouco orixinal ou falto de ideas novas. (2)O traballo foi totalmente rutineiro ou copiado. (1)
4. Participación visible dos membros do grupoTodos os membros participaron de forma equilibrada e activa. (5)A maioría dos membros participaron activamente. (4)Algúns membros participaron, pero non de forma equilibrada. (3)Poucos membros participaron, mentres que outros case non interviñeron. (2)Apenas participou un ou ningún membro de forma activa. (1)
5. Calidade global do traballoO traballo foi excelente e destacou polo esforzo e a calidade. (5)O traballo foi bo e reflicte esforzo e dedicación. (4)O traballo foi aceptable pero con falta de detalles ou esforzo. (3)O traballo foi incompleto ou pouco traballado. (2)O traballo foi de baixa calidade ou non cumpriu os obxectivos. (1)

Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de coavaliación (5x5) (CC BY-NC-SA)

  • Actividade
  • Nome
  • Data
  • Puntuación
  • Notas
  • Reiniciar
  • Imprimir
  • Aplicar
  • Nova xanela

Feito con eXeLearning (Nova xanela)