Glosario
Coordenadas xeográficas
-
Definición:
-
Forma de localizar calquera lugar da superficie terrestre na rede xeográfica mediante a intersección dun paralelo, que nos sinala a latitude, e un meridiano que sinala a lonxitude.
-
Exemplo:
-
Podemos atopar unha persoa en calquera punto da superficie terrestre sabendo a súa latitude e a súa lonxitude.
GPS
-
Definición:
-
O Sistema de Posicionamento Global (GPS; en inglés: Global Positioning System), orixinalmente Navstar GPS, é un sistema que permite a un dispositivo receptor localizar a súa propia posición sobre a Terra cunha precisión de ata centímetros.
-
Exemplo:
-
O GPS do coche permítenos chegar a calquera punto sen perdernos.
Latitude
-
Definición:
-
É a distancia angular (medida en graos) dun punto da Terra ao Ecuador. Vai de 0° (no propio Ecuador) a 90° (nos polos), e pode ser N. ou S.
-
Exemplo:
-
Galicia atópase na latitude Norte.
Lonxitude
-
Definición:
-
É a distancia angular (medida en graos) dun punto da Terra ao meridiano de Greenwich. Vai de 0° (no meridiano de Greenwich) a 180° e hai que indicar se é E. ou O.
-
Exemplo:
-
A China, respecto a nós, atópase na lonxitude Leste.
Meridianos
-
Definición:
-
Semicírculos imaxinarios que se dispoñen de Polo Norte a Polo Sur.
-
Exemplo:
-
Cos meridianos podemos determinar a lonxitude.
Paralelos
-
Definición:
-
Liñas imaxinarias que van de Este a Oeste e que son paralelas ao Ecuador.
-
Exemplo:
-
Cos paralelos podemos determinar a latitude.
Sistema de Información Xeográfica
-
Definición:
-
Un Sistema de Información Xeográfica, tamén habitualmente citado como GIS (Geographical Information System), é un contorno para recopilar, xestionar e analizar datos.
-
Exemplo:
-
Un SIG pode facer mapas con varias capas de información.




