O relevo de España e Galicia
O RELEVO ESPAÑOL
O relevo peninsular caracterízase polos seguintes aspectos xerais:
Existen moitas unidades de relevo: é un relevo compartimentado.
A elevada altitude media: 660 metros (que fai de España o país de maior altitude media de Europa despois de Suíza).
A forma maciza, con costas pouco articuladas (con poucos entrantes e saíntes), agás Galicia.
Bastantes dos principais sistemas montañosos amosan unha disposición xeral oeste - leste.
As unidades do relevo peninsular organízanse arredor dunha gran meseta central situada a 660 metros de media sobre o nivel do mar (que se subdivide en dúas metades: a Submeseta Norte, máis alta, e a Submeseta Sur) e que ocupa o 45% do total do territorio español.
O relevo insular comprende os arquipélagos de Canarias, de natureza volcánica, e Baleares, que é prolongación do Sistema Bético.
Pica sobre o mapa, e logo sobre a lupa, para velo máis grande
| UNIDADES INTERIORES | |
|---|---|
| UNIDADE | PRINCIPAL ELEVACIÓN |
| Sistema Central. | Almanzor. |
| Montes de Toledo. | Las Villuercas. |
| UNIDADES QUE BORDEAN A MESETA | |
| UNIDADE | PRINCIPAL ELEVACIÓN |
| Macizo galaico-leonés. | Teleno. |
|
Cordilleira Cantábrica. Sector Asturiano. Sector Cántabro. Sector Vasco. |
Torrecerredo. Peña Prieta. Aitxuri. |
| Sistema Ibérico. | Moncayo. |
| Serra Morena | Bañuela. |
| UNIDADES EXTERIORES | |
|---|---|
| UNIDADE | PRINCIPAL ELEVACIÓN |
| Pireneos. | Aneto. |
| Sistema Costeiro Catalán. | Turó de l'Home. |
| Sistema Bético. | Mulhacén (con 3479 m de altura é a maior elevación da Península). |
| Depresión do Ebro. | |
| Depresión do Guadalquivir. | |
| ARQUIPÉLAGO | PRINCIPAL ELEVACIÓN |
|
Baleares: Mallorca, Menorca, Eivisa, Formentera e Cabrera. Prolongación submarina do Sistema Bético. |
Puig Major. |
|
Canarias: La Graciosa, Lanzarote, Fuerteventura, Gran Canaria, Tenerife, La Gomera, El Hierro, La Palma. Relevo de orixe volcánica. |
Teide (con 3718 m de altitude, é a maior elevación do país). |
O RELEVO GALEGO
O territorio de Galicia ten rochas moi antigas e o seu relevo, moi erosionado, está disposto nunha serie de chanzos a distinta altitude que se elevan desde as costas atlánticas ata as montañas orientais, espazo no que se achan as maiores altitudes do territorio.
En Galicia distinguimos (de oeste a leste) as seguintes unidades:
| Litoral. | |
| Serras litorais: Serra do Barbanza. | |
| Chanzo de Santiago. | |
| Dorsal galega: Serra do Suído, Serra do Faro, Serra da Cova da Serpe e Serra da Loba. | |
| Serras setentrionais: Serra da Faladoira, Serra do Xistral e Serra de Lourenzá. | |
| Depresións, como por exemplo a de Ourense. | |
| Serra orientais: Serra de Meira, Serra dos Ancares, Serra do Courel e Serra do Eixe. | |
| Serra meridionais: Serra do Xurés. |
Seguidamente figura un mapa físico de Galicia no que aparecen as principais serras e elevacións montañosas.
Preme para velo ampliado
Lectura facilitada
O relevo da Península Ibérica ten:
Moitas unidades de relevo.
Elevada altitude media.
Forma maciza.
Unha meseta central, sistemas montañosos e depresións.
O relevo galego:
Ten rochas moi antigas.
Está moi erosionado.
As maiores altitudes están nas montañas do leste.


Unha vez rematados todos os contidos, non vos esquezades de ir ao