As formas de relevo: o relevo continental
Os percorridos que propoñades para a guía de viaxe incluirán distintas formas de relevo. Para ser quen de identificalas e describilas correctamente, debedes coñecelas ben, así que lede con atención.
Diferenciamos tres conxuntos de formas de relevo:
1. Relevo continental:
- Chaira: área máis ou menos plana e de escasa altitude (menos de 200 m).
- Meseta ou altiplano: ten a mesma forma que a chaira pero a unha maior altitude (máis de 200 m).
- Depresión: área a menor altitude que o relevo que a rodea.
- Outeiro: pequena elevación que domina un espazo chan.
- Montaña: é unha elevación do relevo de máis de 700 metros.
- Serra: grupo aliñado de montañas.
- Macizo: grupo non aliñado de montañas, limitado por fallas.
- Cordilleira: sucesión aliñada de serras ou macizos.
- Val: sector alongado erosionado por ríos (ou o xeo), e que queda polo tanto deprimido con respecto á contorna, é dicir, máis baixo ca o terreo do arredor.

Lectura facilitada
O relevo presenta formas diferentes.
Hai formas de relevo continental.
Hai formas de relevo litoral.
Hai formas de relevo submarino.
O relevo continental é o que se observa sobre os continentes.
O relevo continental é o que está fóra dos océanos.



