Saltar navegación

2. Repasade: coordenadas e movementos da Terra

Coordenadas e movementos da Terra

Empezamos!

Como podemos saber onde estamos e como informar aos demais de onde se atopa ese punto? Pode que non sexa moi difícil cando se trata dun territorio pequeno e ben coñecido, pero si cando se trata de territorios grandes. Empezaremos lembrando nocións básicas de orientación e localización na superficie terrestre. Pon atención, que terás que poñelo en práctica.

Para poder situarnos no espazo temos que tomar como referencia os puntos cardinais, que son os sentidos ou direccións que serven para situarnos nun lugar no mapa. Esta imaxe que tes abaixo é a rosa dos ventos, que mostra de maneira simbólica os puntos cardinais principais e secundarios. 

Debuxo dunha rosa dos ventos que nos indica os puntos cardinais

PUNTOS CARDINAIS

N: NORTE

S: SUR

E/L: LESTE

O/W: OESTE

NE: NORDESTE/NORDÉS

SE: SUESTE

NO: NOROESTE

SO: SUROESTE

ADXECTIVOS

SETENTRIONAL

MERIDIONAL

ORIENTAL

OCCIDENTAL

NORORIENTAL

SURORIENTAL

NOROCCIDENTAL

SUROCCIDENTAL

Lectura facilitada

A rosa dos ventos indica os puntos cardinais.

Os puntos cardinais máis importantes son norte, sur, leste e oeste.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)