Glosario
Anticlinal
-
Definición:
-
Parte convexa dun pregamento.
-
Exemplo:
-
Un anticlinal, elévase coma a crista dunha onda.
Cono volcánico
-
Definición:
-
É unha formación volcánica que está orixinada polas sucesivas saídas de lava cara ao exterior. Estas emisións acumúlanse formando un cono que usualmente ten un cráter central.
-
Exemplo:
-
O cono do Teide é a montaña máis alta de España.
Cráter
-
Definición:
-
Depresión circular causada por actividade volcánica. Situado normalmente no cumio dos volcáns, é as boca por onde sae o magma ao exterior.
-
Exemplo:
-
Polo cráter do volcán saía a lava e a cinza.
Epicentro
-
Definición:
-
Punto da superficie da Terra situado na vertical do hipocentro.
-
Exemplo:
-
A destrución das casas no epicentro do terremoto foi total.
Erosión
-
Definición:
-
Desgaste que padece a superficie da Terra pola acción das forzas naturais.
-
Exemplo:
-
A erosión fai que as montañas antigas se desgasten e sexan máis baixas.
Falla
-
Definición:
-
Rotura dunha superficie nun ou máis bloques desnivelados.
-
Exemplo:
-
Ao producírense as fallas aparecen con frecuencia terremotos.
Hipocentro
-
Definición:
-
Lugar no interior da Terra onde se orixina o terremoto.
-
Exemplo:
-
O hipocentro do terremoto estaba a seis quilómetros de profundidade.
Litosfera
-
Definición:
-
Capa máis sólida e superficial do planeta Terra, é dicir, a más ríxida e externa de todas. Está formada pola codia terrestre e a capa superior do manto terrestre.
-
Exemplo:
-
Os bloques fracturados da litosfera orixinan as placas tectónicas.
Magma
-
Definición:
-
Rocha fundida acumulada no interior da Terra, lava.
-
Exemplo:
-
O magma saía polo cráter a elevada temperatura.
Maremoto
-
Definición:
-
Ondas de gran tamaño que se orixinan por bruscas sacudidas do fondo mariño.
-
Exemplo:
-
O maremoto arrasou totalmente as casas da beira do mar.
Oroxénese
-
Definición:
-
Proceso xeolóxico que orixina a formación de montañas e cordilleiras na superficie terrestre.
-
Exemplo:
-
O Himalaia formouse por un proceso de oroxénese.
Perfil topográfico
-
Definición:
-
Representación do relevo do terreo que se obtén cortando transversalmente as liñas do mapa topográfico.
-
Exemplo:
-
O perfil deste relevo parece unha serra.
Placa tectónica
-
Definición:
-
Cada un dos distintos fragmentos nos que se divide a litosfera terrestre.
-
Exemplo:
-
O choque das placas tectónicas produce terremotos e volcáns.
Pregamento
-
Definición:
-
Ondulación dun estrato rochoso de amplitude e formas variables.
-
Exemplo:
-
Nun pregamento os materiais dobran, nunha falla rompen e desnivélanse.
Relevo
-
Definición:
-
Conxunto de formas que presenta a superficie terrestre, tanto nos continentes coma baixo os océanos.
-
Exemplo:
-
Unha montaña é unha das formas do relevo continental.
Sedimentación
-
Definición:
-
Proceso polo que se depositan os materiais previamente erosionados e transportados.
-
Exemplo:
-
A sedimentación dos materiais arrastrados polos ríos nas súas desembocaduras pode crear deltas.
Sinclinal
-
Definición:
-
Parte cóncava dun pregamento.
-
Exemplo:
-
Un sinclinal, coa súa forma de "u", é a parte deprimida dun pregamento.
Terremoto
-
Definición:
-
Sacudida violenta da codia e do manto terrestres, ocasionada por forzas que actúan no interior da Terra.
-
Exemplo:
-
O terremoto, aínda que se produciu a 6 quilómetros de profundidade, afectou moito os edificios.













