Escándalo na Península Ibérica! Al-Andalus independízase! Chega o Califato.

Califato de Córdoba (929 - 1036)
No ano 912 accede ao poder de Al-Andalus, Abd-al-rahman III, nun momento moi delicado, por mor dos enfrontamentos internos do emirato, os ataques dos reinos do Norte (León, Navarra, Castela) e as ameazas ao comercio marítimo por parte dos musulmáns do Norte de África.
Para dar solución, a estes problemas, o novo emir someteu aos reinos do norte e obrigounos a pagar impostos; tamén creou bases militares nos territorios do Estreito de Xibraltar, protexendo así o comercio. Para rematar, solucións os problemas internos impoñendo a súa autoridade sobre todos os grupos sociais.
Nesta situación de estabilidade, Abd-al-rahman III proclámase califa dos crentes de Al-Andalus no ano 929, asumindo a autoridade política e relixiosa.
Iníciase así o Califato de Córdoba, o período de maior esplendor de Al-Andalus, cunha importante expansión económica (comercio marítimo moi activo) e freando os avances dos reinos cristiáns do norte (chegando algún a ser vasalos de Al-Andalus). Incluso, durante o califato, producíronse incursións de saqueo neses reinos, destacando as de Almanzor ou Al-Mansur a finais do século X.
Reinos de Taifa (1031 - 1237)
A prosperidade do Califato de Córdoba crébase pola presión da aristocracia, dos altos funcionarios e do exército, tentando fuxir do control do califa.
Neste período Al-Andalus fragmentouse en 25 pequenos reinos, coñecidos como TAIFAS (cidades-estado, rodeadas de territorio, coa cidade como centro económico). Entre estes reinos destacaron Sevilla, Granada, Denia, Tortosa, Badaxoz, Toledo e Zaragoza.
Estes reinos caracterizáronse por:
- A intención de manter o esplendor árabe na Península.
- A prosperidade económica.
- Grande importancia cultural.
- Escaso poder militar que provocou a perda territorial ante o avance dos reinos do norte, malia a axuda de almorábides e almohades (pobos chegados dende o Norte de África).
Almorábides e almohades (1085 - 1212)
Ante o avance cristián, os árabes de Al-Andalus pídenlle axuda aos seus veciños africanos. Dous pobos chegan á península, en dúas vagas no século XII:
- Os almorábides: confederación de tribos bérberes, caracterizado polo seu fanatismo relixioso e a defensa da Guerra Santa para defender a súa relixión.
- Os almohades: tribo bérber do norte de África para frear a decadencia de Al-Andalus. Foron derrotados polos reinos cristiáns na Batalla das Navas de Tolosa no ano 1212.
Só a Taifa de Granada quedará fóra do control dos reinos do norte.
Reino Nazarí de Granada (1237 - 1492)
A taifa de Granada converteuse no último núcleo árabe da Península. O pequeno reino estaba gobernado por sultáns ou reis da dinastía nazarí (descendentes das familias do Norte de África).
Estendíase polas actuais provincias de Almería, Granada, Málaga e parte de Cádiz.
Para a súa supervivencia exerceron un gran control da zona costeira, con importantes portos comerciais e unha próspera agricultura de regadío.
Esta riqueza permitiulles sobrevivir malia aos grandes impostos en ouro que debían aos reis de Castela.
O reino foi conquistado polos Reis Católicos no 1492. Isto non supuxo o final da presenza árabe na península, mais si o final de Al-Andalus e o seu dominio político.
Estas incursións recibían o nome de RAZIA ou RAZZIA.
Lectura facilitada
O Califato de Córdoba (929 - 1036)
Abd-al-rahman III chegou ao trono no ano 912.
O emirato era atacado polos reinos do Norte e polos árabes do norte de África.
Conseguiu, coa súa política, sometelos e pacificar o territorio.
No ano 929 proclámase califa de Al-Andalus, asumindo a autoridade política e relixiosa
Iníciase así o Califato de Córdoba, o período de maior esplendor de Al-Andalus,
cunha importante expansión económica (comercio marítimo moi activo) e freando os avances dos reinos cristiáns do norte.
A finais do século X, producíronse incursións de saqueo contra os reinos do norte, destacando as realizadas por Almanzor.
Reinos de Taifa (1008- 1031)
A prosperidade do Califato de Córdoba crébase e Al-Andalus fragméntase en 25 pequenos reinos, coñecidos como TAIFAS (cidades-estado).
Estes reinos caracterizáronse por:
- A intención de manter o esplendor árabe na Península.
- A prosperidade económica.
- Grande importancia cultural.
- Escaso poder militar.
Almorábides e Almohades:
Ante o avance cristián, os árabes de Al-Andalus pídenlle axuda aos seus veciños africanos.
Dous pobos bérebers chegan á península, en dúas vagas no século XII:
Os Almorábides e os Almohades (estes foron derrotados na Batalla das Navas de Tolosa no ano 1212).
O Reino Nazarí de Granada:
A taifa de Granada converteuse no último núcleo árabe da Península, gobernado por sultáns ou reis da dinastía nazarí.
Estendíase polas actuais provincias de Almería, Granada, Málaga e parte de Cádiz.
O reino foi conquistado polos Reis Católicos no 1492.




