Glosario
Alhambra

-
Definición:
-
Literalmente "Castelo vermello". Nome do pazo granadino que, quizais, deba o seu nome á cor vermella da súa muralla e das súas torres.
-
Exemplo:
-
A Alhambra é o pazo nazarí de Granada.
Almohades

-
Definición:
-
Conxunto de pobos ou tribos nómades, orixinarias do Noroeste de África (Magreb), que chegaron á Península Ibérica para reforzar aos exércitos musulmáns e revitalizar o Islam fronte ao avance cristián do norte. Controlaron Al-Andalus durante os séculos XII e XIII.
-
Exemplo:
-
O rei Afonso VIII derrotou aos almohades na batalla das Navas de Tolosa no ano 1212.
Almorábides

-
Definición:
-
Grupo nómade bérber (monxes guerreiros) que, entre 1086 e 1144, ocuparon e gobernaron o norte de África e Al-Andalus.
-
Exemplo:
-
A tribo almorábide preferiu o cabalo ao camelo.
Bérberes

-
Definición:
-
Tribos nómades, tamén coñecidos como "amazigh", orixinarios de Berbería (norte de África), que vivían da gandaría. O seu nome deriva do grego e o latín "barbarus" (bárbaros).
-
Exemplo:
-
O xeneral bérber Tariq liderou as tropas árabes que chegaron á Península Ibérica no ano 711.
Califato

-
Definición:
-
Forma de goberno dirixida por un Califa (="Sucesor" de Mahoma), que era o seu líder político, civil e relixioso.
-
Exemplo:
-
O Califato de Córdoba situábase ao sur dos ríos Douro e Ebro.
Emirato

-
Definición:
-
Territorio gobernado por un emir ou período de tempo que dura o seu goberno.
-
Exemplo:
-
Al-Andalus converteuse en provincia ou emirato dependente de Damasco no século VIII.
Islam

-
Definición:
-
"Submisión a Alá ou Allah". Relixión monoteísta, fundada por Mahoma no s. VII, cuxo deus é Alá e, o seu profeta, Mahoma.
-
Exemplo:
-
O Islam é unha relixión que cre en Alá.
Taifas
-
Definición:
-
Pequenos reinos nos que se dividiu Al-Andalus ao desaparecer o Califato de Córdoba (1031 - 1090) ou o dominio almorábide da Península Ibérica (1144 - 1172)
-
Exemplo:
-
A taifa de Granada foi un pequeno reino independente musulmán.


