Glosario
Cultura clásica

-
Definición:
-
O termo cultura clásica comprende as expresións artísticas e culturais de Grecia e Roma: arquitectura, escultura, pintura e literatura. É o xermolo da cultura occidental, que se viu modificada e enriquecida coa adición de novas correntes artísticas e literarias a medida que avanzaron os séculos.
-
Exemplo:
-
O Coliseo de Roma ou as obras de Aristóteles son exemplos da cultura clásica grecorromana.
Imperio
.svg.png)
-
Definición:
-
Un imperio é un conxunto de países que están baixo o dominio dunha mesma persoa, que recibe o título de emperador ou emperatriz.
-
Exemplo:
-
O imperio romano comprendía os territorios de moitos países actuais, coma España, Italia, Portugal, Grecia, Exipto ou Francia.


